Está convocada por Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores e contará co apoio do Concello de Ordes
Este venres, 10 de agosto, o Campo da Feira de Ordes acollerá unha concentración en apoio ao sector lácteo. A cita, prevista para as 11:30 horas, está respaldada polos sindicatos agrarios e gandeiros Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores.
O Concello de Ordes, a través do Goberno municipal, tamén mostrará o seu apoio poñendo a disposición dos
manifestantes toda a infraestructura e medios organizativos necesarios.
Posteriormente, sobre as 13:00 horas, a marcha ten
previsto desenvocar na Alameda de Ordes, onde se leerá un
manifesto por parte dos principais representantes dos sindicatos convocantes.
*