Unha unidade da Policía Nacional ofrecerá este servizo na Casa da Cultura de 09:00 a 12:00 horas
Será necesaria previa cita solicitándoa na Casa do Concello ou ben chamando ao 981 680 002
Dende o día 3 ao 7 de setembro os veciños e veciñas
de Ordes poderán renovar ou solicitar o seu DNI sen ter que desprazarse do
municipio. Unha unidade da Policía Nacional levará a cabo esta labor dende a
Casa da Cultura, situada no número 25 da rúa Galicia, nun horario que vai das 09:00 ás 12:00 horas.
Previa cita
Para
facer uso deste servizo é imprescindible solicitar cita previa nas oficinas
xerais do Concello de Ordes, situadas na planta baixa da Casa do Concello, ou ben
chamando ao teléfono 981 680 002, en horario de 08:00 a 15:00 horas.
*