A cita terá lugar os días 10, 11 e 12 de agosto e estará dirixido por Manuel Segovia, Premio Nacional de Danza
O Museo do Traxe Juanjo Liñares organiza, en colaboración coa Compañía Ibérica de Danza e a agrupación folclórica cultural Sementes da Arte e o patrocinio do Concello de Ordes, a primeira edición do obradoiro coreográfico Juanjo Liñares.
O encontro, dirixido polo prestixioso coreógrafo Manuel Segovia, abordará o estudo da danza castelá La cigüeña e galega Jota de Ordes, e terá lugar nas propias instalacións do museo en horario de 09:30 a 13:30 horas. e de 16:30 a 20:00 horas durante os días 10, 11 e 12 de agosto.
Inscricións e cuota
A cuota de inscrición é de vinte euros por persoa e o prazo de matriculación remata o 6 de agosto.
Máis información e reservas na Casa do Concello de Ordes ou no propio Museo Juanjo Liñares situado no Campo da feira de Ordes.
*