O alcalde de Ordes, Manuel Regos, xunto a María e Adela Calvo Veira, ordenses e emigradas a Uruguai. |
O Día do Emigrante de Ordes celebra os seu trinta aniversario
Silvia Marín: "Atopámonos nun momento no que é preciso aunar esforzos"
No marco das celebracións das festas patronais de Santa María de Ordes, celebrouse onte o Día do Emigrante que dende fai trinta anos o Concello de Ordes celebra cada ano. Nesta ocasión foron protagonistas María e Adela Calvo Veiras, dúas irmáns
naturais do lugar de Vilar, da parroquia de Ordes, e emigradas a
Uruguai.
No centro, as homenaxeadas deste ano, naturais do lugar de Vilar, xunto ao alcalde e un grupo de concelleiros. |
A tenente de alcalde do Concello de Ordes, Silvia Marín, aseguro que “atopámonos
nun momento no que é preciso aunar esforzos para solventar e superar
unha situación difícil que afecta a empresas e familias”, tarefa apara a que se
encomendou á figura de San Roque, patrón deste día de celebración e ó que tamén
solicitou axuda para os nenos, nenas e a xuventude en xeral.
Un desexo ó que
tamén se uniu durante a celebración da misa o alcalde de Ordes, Manuel Regos,
quen quiso ensalzar “o gran nivel de formación das novas xeneracións do país e
o inxente esforzo o que moitos se ven sometidos por ter que ir buscar fóra un
futuro mellor”.
A tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín, deposita unha ofrenda floral aos pés do Monumento ao Emigrante. |
Onte foi un día marcado polas altas temperaturas e o bo tempo. O ritmo
musical e o baile correu a cargo do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, e
das orquestras Armonía Show e París de Noia. De cara a hoxe, último día destas
festas patronais, as orquestras Panorama e Bahía Blanca serán os encargados de
sacara a bailar a todos os presentes.
*