Como parte dun paquete de subvencións a 183 concellos por valor de 340.000 euros
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinará algo menos de dous mil euros a subvencionar a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Ordes.
A achega, que se fixo pública onte, está englobada nun paquete de 183 concellos e conta cun importe total de 340.000 euros. A agrupación ordense deberá investir os apenas dous mil euros en equipamento e vestimenta persoal de uniforme, equipamentos, alugueres, seguros, comunicación, seguros, formación ou equipamento informático.
*