Os concelleiros Roberto e Lucía Iglesias, e Luis Gómez Candal entregaron os diplomas
Esta mañá clausuráronse os cursos de
natación que o Concello de Ordes desenvolveu ó longo dos últimos dous meses.
Partidos de waterpolo, xincanas, guerras de globos, e moitas máis actividades
tiveron lugar na piscina municipal.
Alí estiveron tamén os concelleiros delegados de
Deportes, Diversidade Funcional e de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible, Roberto Iglesias, Lucía Iglesias e Luis Gómez Candal.
Piscina aberta ata o 15 de setembro
Precisamente
eles foron os encargados de facer entrega das medallas e diplomas a máis de
medio cento de nenos e nenas que asistiron a estes cursos, tanto nas
modalidades de iniciación como de perfeccionamento. Ata ao vindeiro 15 de
setembro todos os que queiran poderán seguir facendo uso da piscina municipal
de Ordes.
*