Cada verán, o Concello de Ordes organiza esta iniciativa co fin de facilitar ás familias o coidado dos pequenos durante as súas vacacións
Cunha gran festa onde non faltaron
os xogos, a diversión e ata as batallas con pistolas de auga esta mañá os nenos
e nenas de Ordes despedíronse das actividades de conciliación familiar. Os
monitores desta nova edición das escolas de verán foron os encargados de
facerlle entrega a todos eles dos seus
diplomas acreditativos.
Actividades lúdicas e didácticas
Cada verán o Concello de Ordes organiza esta iniciativa
co fin de facilitarlle ás familias do municipio o coidado dos máis novos da
casa durante as súas vacacións estivais.
Actividades de carácter lúdico e didáctico ocuparon durante estes meses as
horas centrais do día destes rapaces e rapazas, que convertiron o local social
nunha particular aula.
Todos eles tamén tiveron tempo de realizar distintas
excursións polo exterior, ademais da realización de actividades e xogos nos
distintos parques da vila de Ordes.
*