O auditorio de Ordes onte cheo na representación da obra de Eva Fernández e Pablo Meijide. |
O grupo de teatro de afeccionados estreou a súa obra Non é a típica obra clásica
O grupo de teatral de afeccionados
de Ordes encheron na noite de onte o auditorio da Casa da Cultura coa estrea da
función Non é a típica obra clásica. Na súa posta en escea participaron un
total de once actores que recibiron unha gran ovación ao remate da representación.
Historia medieval
A historia, en clave de comedia, narra as peripecias dun rei
medieval que tenta casar ó seu príncipe herdeiro cunha rica princesa, coa
intención de que o seu reino non sucumba á decadencia máis absoluta. Os autores
do texto son Eva Fernández Veiras e Pablo Meijide Santos, quenes tamén forman
parte do elenco de actores.
*