martes, 10 de enero de 2012

Un obradoiro de emprego formará a 234 desempregados en Ordes

Trátase do plan formativo da Rede Xiana da Deputación da Coruña

Dende onte e ata o finais do próximo mes de abril, o Concello de Ordes será a sede dun novo plan formativo levado a cabo pola Rede Xiana da Deputación da Coruña. Un novidoso obradoiro de empregabilidade que inclúe sesións de traballo grupais e individuais, concretamente están previstas un mínimo de vinte sesións de información, formación e orientación grupal, cunha duración de cinco horas e media. Dito bloque concluirá o vindeiro 3 de febreiro para dar paso a outras trinta e cinco sesións de traballo e titorizacións individual ate ao 20 de abril.

Beneficiarios
O número total de beneficiarios ascende a 234, espallados nos itinerarios de formación desenvolvidos nos proxectos dos anos 2009-10. As áreas de traballo sobre as que se traballarán serán a exclusión socio-laboral e a empregabilidade, incidindo no emprego como un dos principais factores para acadar un grado de inclusión satisfactorio. 

*