domingo, 15 de enero de 2012

O BNG busca unha saída para a "pechada e abandonada" estación da Pontraga

A estación da Pontraga en Ordes (esq.) é idéntica arquitectónicamente á do muncipio guipuzcoano de Azpeitia (der.).

Pedirán no pleno a extinción do pago do canon e que sexa destinada a usos sociais da veciñanza

Ademais dos gastos de conservación, o Concello de Ordes paga un canon ao Goberno de España duns 900 euros ao mes

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou onte que o seu grupo presentará unha iniciativa no vindeiro pleno para que “a corporación municipal inste ao Ministerio de Fomento a revisar o convenio da cesión de uso da estación da Pontraga e o seu entorno, eliminando o canon que está a pagar na actualidade o Concello e que se aproxima aos 11.000 euros anuais

Castro salientou que “é inaceptábel que o Concello ademáis de asumir os gastos de conservación desta infraestructura e do seu entorno, teña que facer fronte ao pago dun canon case 11.000 euros anuais ao ADIF sen destinala a ningún fin de interese para a veciñanza, tendoa simplemente abandonada e pechada”.

Por estas razóns, os nacionalistas proporán no pleno, ademáis da eliminación do canon que está a pagar o Concello ao Ministerio de Fomento, “que se destine a antigua estación da Pontraga e o seu entorno a usos de interese social para a veciñanza do concello de Ordes, que na actualidade está a pagar co seu diñeiro un elevado custo por unha infraestrutura da que non desfrutan”, tal e como afirmou Castro.

Azpeitia e Fosado
A estación de ferrocarril da Pontraga trátase dun proxecto arquitectónico idéntico ao que existe no municipio guipuzcoano de Azpeitia, hoxe convertido en museo do ferrocarril. Xa a comezos do mes de xuño do ano 2009, unha delegación do Concello de Ordes, encabezada polo alcalde, Manuel Regos e composta por un grupo de alumnos do taller de emprego Ramón Ruibal, visitou aquelas instalacións. 

Por outra banda, a estación de Fosado, ubicada nun apeadoiro da parroquia de Montaos, tamén agarda por unha solución que poña fin a unha situación de absoluto abandono. O grupo municipal do Partido Popular trataba, en marzo de 2010 de poñer "en valor e en pleno funcionamento" a estación cunha proposta de  habilitar liñas de autobuses dende o centro da vila á estación e instando ao Ministerio de Fomento e ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), a abrir ao público as "baleiras e abandoadas" dependencias da estación de Fosado. 

Compartindo a mesma sorte que os aeroportos de Ciudad Real e Castellón, o certo é que tal e como se publicara neste mesmo blogue naquela mesma data, as instalacións da estación de Fosado son dignas dun escenario do popular videoxogo de terror, Silent Hill:


A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A nefasta xestión do alcalde na cesión da estación da Pontraga, supón un exemplo máis do exercicio do goberno e do uso dos recursos públicos de forma absolutamente irresponsábel e caótica

*