miércoles, 25 de enero de 2012

CideGa proporá no pleno de mañá un intenso plan de aforro municipal 2012-2014

Ana María Álvarez, concelleira de Ordes.
Aplicalo suporía renegociar a débeda bancaria, suprimir un de cada dous farois e desentenderse da organización das festas patronais


Os museos Juanjo Liñares e Xoxardo abrirían só as fins de semana

Ana María Álvarez, portavoz de Cidadáns de Galicia (CideGa) na corporación municipal do Concello de Ordes proporá mañá, durante o pleno ordinario do mes de xaneiro, un plan de aforro municipal para Ordes durante o período 2012-2014. Un proxecto que incluirá as seguintes actuacións:



1.- Revisión de todo tipo de incentivos, bonificacións e complementos de produtividade  e outros, a todo
 o persoal do Concello.

2.- Endebedamento bancario. Renegociación dos créditos, pedindo unha carencia de dous anos para o 
pagamento do principal do capital. O capital que se ía destinar a amortizar capital destes préstamos, 
se adicará a pagar débedas dos provedores e acredores do Concello. 

3.- Gasto eléctrico. No núcleo do Mesón do Vento, Santa Cruz de Montaos, Leira e vila de Ordes 
se apagarán alternativamente un de cada dous farois públicos. Tamén os focos do aparcamento  do 
campo da feira.

Festas
4.- Festas e festexos populares. Festas Patronais de agosto. O Concello deixará de facerse cargo 
da organización e custe desta festa. Nombrarase unha comisión de veciños e serían eles quen a organizen
 en función da recadación que obteñan. O Concello faría unha achega simbólica.

Cabalgata de Reis e Antroido. Se manterán. 

Festival Gala Panorama. Suspensión sine die. 

Festival Brincadeira. Se a organización deste festival privado se fai cargo da totalidade dos gastos, 
o Concello facilitará a organización do mesmo.

Festas Parroquiais, Festa Lacón, Festa da Malla, etc.... O Concello non se faga cargo do aluguer 
de carpas, do aluguer de xeradores eléctricos, e demais materiais que supoña un custe adicional 
o Concello. O Concello faría unha achega simbólica.

Festa do Champiñón. O reparto champiñón pasará a cobrarse.

Festa da Terceira Idade. Os asistentes pagarán unha determinada cantidade.

5.- Museo Juanjo Liñares e Museo Xoxardo. Apertura só as fins de semana.

6.- Piscina e Gardería Municipal. Se fará un estudio do custe anual de ámbolos dous servizos, e 
en función do resultado do mesmo, se faga unha reestruturación do seu funcionamento, asumíndose
en caso necesario por parte do Concello a xestión directa dos mesmos e subindo as cotas no seu caso.

7.- Supresión das comidas sufragadas polo Concello nas festividades do mesmo e calquer tipo de actos.

8.- Utilización eficiente e ética, de todos e cada un dos medios de transporte dos que dispón o Concello.

9.- Control exhaustivo de todo tipo de compras por persoal  especializado e revisión de gastos correntes.

*