Será na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 14:00 horas
Imprescindible cita previa no teléfono 981 680002 ou na Casa do Concello
Dende o próximo día 6 ata o 10 de febreiro os veciños de Ordes poderán solicitar ou renovar o seu Documento Nacional de Identidade (DNI) sen necesidade de desprazarse. Durante eses días a unidade policial encargada deste servizo instalarase na Casa de Cultura en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Para ser atendidos é imprescindible solicitar unha cita previa tanto nas oficinas xerais da Casa do Concello de Ordes, situadas na planta baixa, como a través do teléfono 981 680002.
*