domingo, 22 de enero de 2012

Ordes busca ser o 'Villaenmedio' de Fairy

Se presentará a un concurso publicitario promovido pola marca industrial cun proxecto de pintura de grafito e cultura urbana

O Concello de Ordes participará este ano no concurso publicitario El pueblo más innovador, promovido pola coñecida marca de lavavaixelas Fairy. Para celebrar o seu 30º aniversario, escollerase o proxecto municipal máis innovador desenvolvido ó longo deste tempo. O Concello de Ordes decidiu presentarse co certame Desordes creativas, que cada verán desenvolve conxuntamente coa empresa de arte, deseño e comunicación Mutante.

Desordes creativas achega cada ano a diversos artistas e grafiteiros vidos de diversas partes do mundo que se serven de muros, fachadas e edificios para plasmar as súas creacións. Trátase do único certame destas características que se desenvolve nun eido rural, presentándose como unha fórmula tanto para combatir o feismo como para achegar este tipo de creacións á poboación ordense e os seus visitantes

Premios de 15.000 euros
Tras a elección do proxecto máis innvador os organizadores dotarán de 15.000 euros ó concello que consiga inscribir ó maior número de familias para participar na gravación dun spot para a marca. Entre as condicións está a de ter lavavaixelas eléctrico no fogar, a lo menos dous fillos menores de 18 anos vivindo na casa, elaborar un prato que presente un reto para o lavavaixelas e estar empadroados no municipio. De entre todas as familias presentadas cinco delas recibirán un premio de 3.000 euros cada unha por votación popular. O concurso desenvolverase na rede social Facebook a partir do mes de marzo a través do grupo http://es-es.facebook.com/FairyES.

Para inscribirse o Concello de Ordes pon a disposición dos seus veciños e veciñas ata o vindeiro mes de febreiro o teléfono 981681483 (de luns a venres de 12:00 a 15:00 horas), o correo electrónico prensa@concellodeordes.com, así como o facebook do Concello (http://www.facebook.com/concellodeordes).

Podes coñecer o proxecto de La Pobla del Duc (Valencia) para a edición do ano 2010 deste peculiar concurso publicitario:


*