jueves, 5 de enero de 2012

Os socialistas ordenses destacan a calidade humana de Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo.
O artista compostelán faleceu onte aos 91 anos de idade

A Agrupación Socialista de Ordes amosou hoxe o seu pesar polo falecemento do galeguista Isaac Díaz Pardo. Nacido en Santiago de Compostela  en 1920, Díaz Pardo destacou, entre outras moitas actividades, pola recuperación da cerámica de Sargadelos e o Seminario de Estudos Galegos, así como por fundar a editorial Edicións do Castro e como divulgador da cultura galega.

Artista plástico, ceramista, editor e empresario, Isaac Díaz Pardo foi fillo doutro ilustre intelectual galego, Camilo Díaz Baliño, asasinado polos sublevados ao goberno constitucional no ano 1936. Díaz Baliño fora autor dun retrato dun ordense que logo, o 8 de febreiro de 1936, sería condeado e fusilado nos arredores do cemiterio compostelán de Boisaca por defenderen o goberno republicano. Sería un dos Os once fusilados de Boisaca.

Os socialistas de Ordes destacan tamén a grande calidade humana do galeguista, republicano e socialista, quen participou entusiastamente fai uns anos nun dos encontros organizados pola asociación cultural Inquedanzas de Ordes.

Un cadro na alcaldía
A obra de Isaac Díaz Pardo tamén aparece refrectada en Ordes, a lo menos no antigo despacho da alcaldía. A parede sobre o tresillo de terciopelo vermello fronte á mesa da alcaldía, lucía unha obra do artista falecido. Unha pintura que é titularidade da Deputación da Coruña e que foi cedida a través dun comodato en precario ao Concello de Ordes.

*