Gonzalo Castro: "Pedimos un compromiso expreso coa transparencia e a honestidade"
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que o os nacionalistas levarán unha moción ao pleno municipal que se celebrará o vindeiro xoves, na que proporán que se poña a disposición a declaración de bens e intereses dos membros das corporación municipal na web do Concello de Ordes, que se atopa no rexistro municipal desde o inicio do actual mandato e que os nacionalistas pretenden facer pública.
Castro afirmou que “ao igual que se fixo noutras institucións, como o Parlamento Galego ou as Cortes do Estado, desde o BNG propoñemos que se publiquen na web do Concello de Ordes as declaracións de bens e intereses realizadas por todos os concelleiros e concelleiras da corporación municipal, o que constituiría un compromiso expreso dos cargos públicos municipais coa transparencia e a honestidade”.
Compromiso coa transparencia
Gonzalo Castro salientou que “agardamos que esta proposta poida sair adiante co apoio unánime da Corporación Municipal, porque unánime debe ser o compromiso coa transparencia, a eficacia e a honestidade no exercicio dos cargos públicos”.

*