Ioga, pilates, cociña, baile ou calceta serán algunhas das modalidades que se impartirán
O Concello de Ordes pon en marcha un novo circuito de actividades culturais e deportivas de cara os vindeiros meses de febreiro, marzo, abril e maio. Deste xeito cotinuarase coas clases de ioga, pilates e baile de salón e en liña. Como novidade, preséntanse os cursos de cociña, calceta e punto. Todas as clases terán lugar a partir da última hora da tarde co fin de poder concilialas co traballo e a vida familiar.
O prazo de inscripción dará comenzo o 16 de xaneiro e concluirá o 24 do mesmo mes. Para apuntarse basta con acudir ó departamento de Cultura e Deporte, ubicado na primeira planta de Casa do Concello e cubrir unha folla de solicitude adxuntando unha fotocopia do DNI. Debido o número limitado de prazas éstas asignaranse por rigurosa orden de inscrición.
Informática
Por outra banda, o Concello de Ordes continúa cos cursos de informática. Nesta ocasión, os interesados poden xa inscribirse tanto nun curso de iniciación a Internet coma noutro sobre o sistema operativo Windows 7. En ambos casos as clases desenvolveranse entre os meses de febreiro e abril.
*