Terá lugar nos baixos da Alameda a partires das 20:00 horas
Este xoves 26 o Concello de Ordes celebrará o seu pleno ordinario do mes de xaneiro. Será o primeiro que teña lugar neste ano e como ven sendo habitual dará comenzo a partir das 20:00 horas. O lugar onde se desenvolvera esta sesión será no salón de plenos situado nos baixos da Alameda, na rúa Xoxardo.
.
A radio municipal retransmitirá en directo este pleno e xa o venres a partir das 17:00 horas en diferido. Tamén a partir dese día e dende a páxina web de Radio Ordes poderase descargar a gravación da sesión.
Nel abordaranse os seguinte puntos:
Primero.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 24/11/11.
Segundo.- Informes da alcaldía.
Terceiro.- Designación, se procede, do vogal suplente na asamblea da Mancomunidade.
Cuarto.- Dar conta das resolucións e decretos da alcaldía.
Quinto.- Mocións.
Sexto.- Rogos e preguntas
*