viernes, 20 de enero de 2012

Os Heredeiros da Crus tocarán en Ordes

Será na discoteca Elepé 45 o sábado 3 de marzo a un prezo de vinte euros 

O lexendario grupo de rock bravú, Heredeiros da Crus decidiu darse unha nova oportunidade e saír de novo aos escenarios de toda Galicia a facer o que mellor saben: tocar rock e facer mil e unha tolerías sobre as táboas.

A banda que en 1992 fundaran Toñito de Poi, Tuchiño, Jan Fran e Jrarfuxo estarán o sábado 3 de marzo a partires das 22:00 horas na discoteca Elepé 45.

Prezo das entradas: 20 euros. Venta anticipada: 15 euros.

*