O Concello abre o prazo para poder participar no novo ciclo de cursos de lingua galega
O Concello de Ordes en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a convocatoria para os novos cursos de lingua galega. Neste caso as sesións preparatorias corresponden ás probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. A duración destes cursos ascende a 70 horas lectivas.
No caso de Ordes o Concello solicitará a realización daqueles cursos que conten cun mínimo de vinte persoas preinscritas. As clases desenvolveranse como ven sendo habitual nas aulas da Casa da Caultura, situada na Rúa Galicia. Para participar, os interesados deberán anotarse ata o 26 de xaneiro nas dependencias municipais da Casa do Concello e presentar unha fotocopia do seu DNI. Para precisar máis información pódeno facer achegándose ó mesmo Concello ou ben a través so teléfono 981 680002.
Esta última convocatoria para a preparación dos cursos de galego ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia nº 5 con data 9 de xaneiro.
*