miércoles, 4 de enero de 2012

Os Reis Magos de Oriente chegan mañá a Ordes

O Rei Mago Baltasar ao seu paso por Ordes na cabalgatacde reis do ano pasado.
Teñen prevista a súa chegada ás 17:00 horas e percorrerán o centro da vila

Un ano máis, os Reis Magos de Oriente percorrerán as principais rúas de Ordes, onde serán recibidos por todos. A visita real terá lugar mañá xoves 5 de xaneiro a partir das 17:00 horas, momento  no que dará comezo o desfile pola avenida de Alfonso Senra ata a antiga Casa Consistorial.

Melchor, Gaspar e Baltasar estarán escoltados por unha comitiva composta de preto de vinte lanceiros, unha ducia de cabaleiros así coma de numeroxos paxes, pastores e outros personaxes. Como novidade este ano, os Reis Magos acudirán a Ordes cos seus camellos, nos que transportarán agasallos, doces, caramelos e presentes para todos que se acheguen a recibilos. O Concello de Ordes habilitará unha carpa na Alameda para facilitar o encontro entre os Reis Magos e os rapaces. Quenes así o prefiran poderán entregarlles en man as súas cartas ou ben lembrarlles as súas peticións, ademáis de  fotografiarse con eles. Tal e como é costume tamén haberá un Belén viviente no que participarán veciños do municipio de todas as idades. 

Cortes de tráfico  
Ese día a Policía Local cortará o tráfico rodado pola avenida de Alfonso Senra dende as 16:00 ata as 21:00 horas. Os vehículos en dirección A Coruña desviaranse polas rúas Lagartos e Galicia, mentres que os que vaian cara a Santiago terán que circular polas rúas Rosalía de Castro e Lagartos.


*