Por primeira vez Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron nos seus camellos á vila
Unha gran carpa situada na Alameda albergou un gran Belén vivinte
Un ano máis Ordes volveu a ser parada obligatoria para os Reis Magos de Oriente. Segundo fontes municipais, máis de 4.000 persoas non quiseron perder a ocasión de coñecer en persoa a Melchor, Gaspar e Baltasar e de conversar con eles.
O encontro tivo lugar nunha carpa especialmente habilitada na Alameda de Ordes. Alí tamén tivo lugar un Belén vivinte, onde se representaron escenas baseadas en oficios tradicionais e no que se utulizaron diversos animais, como potros, xabaríns, carneiros ou canguros entre outros.
Tronos reais
A medida que avanzaba a tarde, os rapaces foron desfilando ante os tronos dos tres reis lembrándolles os regalos cos que contaban este ano. Os máis rezagados tamén tiveron ocasión de entregarlles en man a súa carta. A cambio cada un deles recibiron distintos agasllos, así como caramelos e outras lambetadas.
Previamente Melchor, Gaspar e Baltasar foron os protagonistas dunha gran cabalgata que percorreu as principais rúas da vila. Flanqueados por preto de vinte lanceiros , más dunha ducia de soldados montados a cabalo, pastores, paxes e outros acompañantes, non pararon de repartir caramelos entre o público congregado.
Por primeira vez viñeron nos seus camellos, os cales portaban moitos dos agasallos que lles tocaría repartir esa mesma noite entre os máis novos. Chegados a entrada principal do inmoble da antiga Casa Consistorial foron recibidos polos membros da corporación municipal co alcalde Manuel Regos a súa fronte.
*