Dous operarios esta mañá repintando a liña central da N-550 ao seu paso polo centro comarcal. |
Xesús Pedreira: "É de celebrar a prontitude coa que se deu resposta ás nosas demandas"
Volta atrás. O polémico repintado da N-550 ao seu paso polo centro comarcal foi correxido esta mañá por operarios do Ministerio de Fomento, permitindo de novo o acceso sur-norte dende a N-550 cara o centro comarcal e dende este á vila de Ordes cara norte.
A Agrupación Socialista de Ordes celebrou a decisión do Ministerio logo da solicitude que fai unha semana realizara o seu concelleiro, Xesús Pedreira, recollendo o malestar da veciñanza de Ordes diante dos perxuizos causados pola nova sinalización. Tamén o alcalde, Manuel Regos, mostrou o seu desacordo con esta decisión ministerial na xuntanza que mantivo o pasado mércores con Ángel del Río, xefe de Demarcaciones de Carreteras del Estado en Galicia, quen ademais comprometeuse a coñecer, logo da Semana Santa, a situación da N-550 ao seu paso por Ordes e visitar tamén os enlaces da estrada nacional co polígono industrial de Merelle coa ronda leste.
“Eran moitos os veciños e veciñas de Ordes que se veían perxudicados por un cambio que non tiña sentido, polo que é de celebrar a prontitude coa que se deu resposta ás nosas demandas”
*