O alcalde recibirá ao portavoz nacionalista este martes ás 11:00 horas
O portavoz municipal o BNG de Ordes, Gonzalo Castro, foi citado hoxe polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, para o vindeiro martes 27, ás 11:00 horas, a fin de poñer á súa disposición á información relativa ao listado de facturas impagadas polo Concello de Ordes.
Esta citación do alcalde prodúcese logo de que o portavoz nacionalista solicitase por escrito esta información e advertise ao alcalde da obriga legal de facilitar o acceso á mesma, reiterando que “o alcalde debía facilitar inmediatamente o acceso do BNG á información solicitada, de acordo co disposto no artigo 77 da Lei de Bases de Rexime Local e no artigo 14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais”, segundo manifestou o portavoz do BNG.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O verdadeiramente importante é que no noso Concello exista vontade de actuar con transparencia á hora de gobernar, xa que aos veciños non se lles pode ocultar información, se isto fose así non faría falta recurrir a imperativos legais para que existise transparencia nunha información tan importante como a relación detallada e xustificada dos gastos que se pretenden incluir na liña de crédito habilitada por Facenda para, supostamente, garantir o pago das débedas aos proveedores”
*