Mirando a cidade, de Sabela Arias. |
A obra Mirando a cidade da pintora ordense Sabela Arias ven de ser recoñecida no XXII Certame de Arte José Domínguez Guitián que anualmente organiza o centro cultural de Begonte (Lugo). A ordense recibiu unha das tres mencións de honra xunto aos tamén pintores Noa Persán e Eduardo Baamonde.
Gañador
O gañador absoluto foi o lucense Iago Eireos, Premio José Domínguez Guizán 2012, coa súa obra Dos hermanas.