viernes, 23 de marzo de 2012

Castro, satisfeito coa decisión de Regos de mudar a data do pleno por mor da folga

Finalmente, a reunión plenaria terá lugar o venres, 30 de marzo, ás 09:00 horas

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro amosou onte a súa satisfacción porque o alcalde accedese á petición dos nacionalistas para cambiar a data do Pleno Ordinario de marzo, previsto para o vindeiro xoves, 29 de marzo, ás 20:00 horas, ao coincidir coa xornada de folga xeral, convocada polos organizacións sindicais máis representativas en contra da reforma laboral aprobada polo Real Decreto 3/2012, do 10 de febreiro. A celebración do Pleno trasládase ao vindeiro venres, 30 de marzo, ás 09:00 horas.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes 
“No noso concello a maioría da poboación é traballadora, polo que se verá directamente afectada pola minoración de dereitos no desempeño do seu labor profesional imposta por esta reforma laboral aprobada polo PP, o que require tamén unha actitude de apoio da institución local representativa á folga xeral" 
"O cambio de data do Pleno Ordinario de marzo, por coincidir na xornada de folga xeral, constitue un xesto positivo da Corporación Municipal na dirección de apoiar as mobilizacións previstas para ese día, coa finalidade de que os traballadores e traballadoras expresen o seu rexeitamento á reforma laboral

*