miércoles, 21 de marzo de 2012

Aberto o prazo de inscrición nas actividades de conciliación familiar e laboral durante a Semana Santa

Obradoiro de conciliación de Semana Santa durante o ano 2010 en Ordes. / Arquivo.
Os nenos e nenas escolarizados en educación infantil e primaria en Ordes poderán participar en obradoiros e sesións de xogos en horario matinal 

O Concello de Ordes ven de abrir o prazo de inscrición para participar nas actividades de conciliación de cara ó periodo vacacional de Semana Santa. Será ata o vindeiro 29 de marzo cando os rapaces e rapazas escolarizados en educación infantil ou primaria poidan inscribirse nos distintos obradoiros e xornadas de xogos que se levarán a cabo. Un programa que se desenvolverá dende as 09:00 ata as 14:00 horas durante os días 2, 3, 4 e 9 de abril.

O número de prazas é limitado polo que se concederán según a orde de chegada. Para elo basta con apuntarse no departamento de Educación do Concello, situado situado no primeiro andar da Casa Consistorial e aportar unha fotocopia do DNI ou libro de familia do menor, da súa tarxeta sanitaria, ademáis dun xustificante médico no caso de que padeza algún tipo de doenza que os monitores deban ter en consideración.

Conciliar vida laboral e familiar
Con este plan o Concello de Ordes pretende axudar ás familias que residen no municipio a  conciliar a vida laboral e familiar durante as vindeiras vacacións de Semana Santa. Todos eles dispoñen do teléfono 981 680 002 para poder expoñer calquera consulta ou dúbida.

*