Inauguración da XVIII edición de Expo Ordes polo alcalde Manuel Regos, en abril do 2009 / Arquivo. |
Terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril no Campo da Feira
A popular Festa do Champiñón se celebrará o domingo 29 con degustación gratuíta do fungo nos establecementos de Ordes
O concello de Ordes acollerá os próximos 27, 28 e 29 de abril unha nova edición da súa feira multisectorial Expo Ordes. Unha cita que este ano celebra a súa vixésimo primeira edición e na que ata o de agora xa están inscritos máis de sesenta expositores de diferentes sectores como o agrícola, o alimentario, o naval o de automoción, mecánica, e por suposto o textil. Tamén a Deputación da Coruña xa confirmou a súa presenza na feira coa instalación dun estand.
Nesta próxima edición, o Concello de Ordes ten previsto celebrar xornadas temáticas adicadas á diversidade funcional, aos empresarios, á Mancomunidade de Ordes e no último día de celebración, ao champiñón. Como xa é costume na vila dende 1990, os establecementos ordenses ofrecerán durante ese día, diferentes tapas e racións elaboradas con ditos fungos.
Os empresarios interesados en participar nesta nova edición de Expo Ordes todavía están a tempo de inscribirse por vía telefónica chamando ao Concello de Ordes (981 680002) ou ben achegándose ata as dependencias municipais.
Podes ver o vídeo da inauguración da edición Expo Ordes 2010 facendo clic baixo estas liñas:
“Expo Ordes sitúase xa no itinerario das feiras multisectoriais máis importantes de Galicia e dende o Concello traballamos a reo para facela medrar e mellorala”
“Con este tipo de iniciativas sabemos que contribuimos á promoción do texido industrial e comercial do munipio que, agora máis que nunca, precisa da axuda de todos para poder superar este momento tan complicado”
*