O Instituto de Ensinanza Secundaria Maruxa Mallo acolle estes días unha ampla mostra sobre as viñetas de Icía e Avoa. As historias e personaxes creadas pola artista ordense Sabela Arias, tamén profesora no centro, son expostas en distintos espazos do centro académico, despertando o interés tanto do profesorado como dos alumnos e alumnas.
A artista lucense afincada en Ordes, Sabela Arias. |
Quen é Sabela Arias
Sabelas Arias nace na véspera do Día de Galicia do ano 1969 en Lugo. Aos dezanove anos presenta a súa primera exposición pictórica na súa cidade natal. Poucos anos despois, licénciase na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca para a continuación realizar estudos de posgrado na Universidade do País Vasco.
A súa principal liña de traballo artístico céntrase na investigación da cor, o seu espazo e a textura da mesma. O tema resulta anecdótico para situar o centro das súas creacións nun universo de ríos de pigmentos.
A súa obra está exposta en diferentes espazos da xeografía galega, así como en Porto (Portugal), Chalatenango (El Salvador) ou Nova Iorque (Estados Unidos).
As súas personaxes, Icía e Avoa, son ben coñecidas do público lector compostelán grazas a súa publicación semanal no xornal Terras de Santiago. Aqueles que queiran disfrutar da filosófica retranca destas mulleres tamén o poden facer a través do seu blog http://historiasdeiciaeavoa.blogspot.com.es/ .
*