miércoles, 21 de marzo de 2012

O Concello de Ordes, disposto a aforrar auga nos edificios públicos

Momento da instalación dun reductor volumétrico nunha cisterna dun váter en Ordes.
Colocaranse reductores volumétricos nas cisternas de colexios, institutos, centros médicos ou locais sociais e permitirá que cada persoa aforre ata 4.000 litros de auga

Co gallo do Día Mundial da Auga que se celebrará mañá 23 de marzo, o Concello de Ordes promoverá unha campaña de aforro que terá como escenario principal os edificios públicos


Concretamente trátase da instalación de avanzados reductores volumétricos que se instalarán nas cisternas de colexios, institutos, centros médicos, locais sociais, centros culturais ou no parque de bombeiros entre outros. Calcúlase que con esta iniciativa reducirase o consumo de auga en ata 4.000 litros por persoa ó ano.


Concienciar á cidadanía
Deste xeito o Concello de Ordes pretende concienciar á cidadanía da importancia que ten reducir o consumo  de recursos e, ao mesmo tempo, aforrar nos suministros

Esta nova campaña ven a complementarse con outras levadas a cabo anteriormente dende o Consistorio. Neste eido cabe destacar a instalación de detectores de movemento para a activación de luces en espazos públicos municipiais, ou as guías de aforro enerxético distribuidas gratuitamente entre os veciños.

*