Ángel González del Río visitará proximamente a vila de Ordes
A obra afectaría a estrada nacional á altura do IES Maruxa Mallo
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, mantivo esta mañá un encontro co xefe de Demarcaciones de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, no que abordaron as molestias entre a veciñanza que está a causar o repintado da N-550 ao seu paso por Ordes. Segundo informa o Concello de Ordes, González del Río "non descarta" poder acometer unha posible intersección na N-550 á altura do IES Maruxa Mallo.
González Del Río comprometeuse a visitar o municipio despois da Semana Santa e comprobar de primeira man aqueles puntos máis polémicos. Neste sentido, destaca o paseo de Iván Raña á altura do IES Maruxa Mallo, do centro comarcal e da piscina municipal onde o Ministerio de Fomento trazou unha liña contínua que imposibilita a incorporación de calquera tipo de vehículo no carril cara a Ordes. Non é o único punto problemático xa que o manterse liña continua dende Ordes ata Santa Cruz de Montaos, algúns lugares da zona ven como os conductores están obrigados a dar varios rodeos antes de chegar a elas.
Ronda leste
A próxima visita do responsable ministerial servirá tamén para darlle a coñecer os puntos de enlace co polígono industrial de Merelle tanto dende a N-550 como dende a rolda leste que será inaugurada en breve.
*