domingo, 18 de marzo de 2012

A familia ordense Gude Hervés, protagonistas dun anuncio de Fairy

Un momento da gravación do spot de Fairy, na residencia familiar dos Gude Hervés.
A parella formada por José e Ana e os seus fillos, Raúl e Sofía, participan no concurso 'El pueblo más innovador' 


Optan tamén a un premio de tres mil euros a través de Facebook ás quince familias máis votadas

Un equipo de televisión trasladouse na mañá de onte ata a vila de Ordes para realizar a gravación dun pequeno espazo onde os protagonistas foron os integrantes dunha familia do municipio, en concreto a familia formada por José Gude, Ana Hervés e os seus dous fillos, Raúl e Sofía. O escenario escollido foi o mesmo domicilio familiar e durante a gravación deberon de cociñar un prato cuxo ingrediente principal foron os espaguetis. No caso dos Gude Hervés, a receita escollida da pasta foi a base de gambas e algas

15.000 euros de premio
Ordes continúa así na súa teima de cara a obtención do galardón ‘El pueblo más innovador’ dotado con 15.000 euros e convocado pola marca de lavavaixelas Fairy. A peza gravada no día de hoxe será emitida a través de distintos canais televisivos de ámbito estatal, entre eles, en El Programa de Ana Rosa, de Telecinco e Espejo Público, de Antena 3. Ademais, a familia finalmente escollida por Fairy, poderá ser selecionada para a gravación dun spot televisivo.


A familia de Ana Hervés tamén opta a un premio de tres mil euros entre as familias máis votadas a través da rede social Facebook. Podes entrar e votar por eles a través deste enlace: 


*