Un dos contedores de aceite usado de Ordes. |
Bares, cafeterías, restaurantes e hoteis poderanse beneficiar dun novo sistema no que participa a empresa Procesadora Gallega de Alimentos
O Concello de Ordes anunciou hoxe a posta en marcha dun novo programa de recollida selectiva de aceite de cociña usado. Unha iniciativa especialmente dirixida ao sector hosteleiro do municipio, do que poderán beneficiar de xeito gratuito. Periódicamente unha cisterna da empresa Procesadora Gallega de Alimentos, S. L. pasará polos establecementos que o soliciten para recoller o aceite residual. Para o seu correcto almacenamento, cada un dos usuarios disporá, previo pago dunha fianza de vinte euros, dun contedor de fácil manexo. Deste xeito o Concello continúa coa súa labor na preservación do medio ambiente, tratando de evitar que se vertan polos desagües das cociñas e inodoros este tipo de residuos altamente contaminantes. Un hábito que tamén axudará a manter en bo estado os sistemas municipais de depuración de augas.
Actualmente son case que unha ducia os contedores espallados por distintos sitios da vila e do Mesón do Vento, onde os veciños e veciñas poden xa depositar os seu aceite usado. Campañas municipais como a de ‘Tirar aceite polo fregadeiro contamina’ supuxeron a xestión de máis de 5.000 litros de este resíduo, evitando así que cada un destes litros contaminara arredor de mil litros de agua dos ríos ou que vertese á atmósfera máis dun quilo de óxido de carbono. Actualmente a reciclaxe de aceite doméstico aplícase de cara a obtención de xabróns ou combustible biodiesel, entre outros.
Todos aqueles interesados en acollerese a este novo plan de recollida selectiva deberán poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes ou ben chamando ao teléfono 981 680002.