As dependencias da Mancomunidade están ubicadas nos baixos da Alameda da vila de Ordes. |
A Deputación destinará 140 000 euros para o mantemento dos servizos básicos e especializados
Regos: "É un éxito en conxunto dunha política baseada na negociación e no diálogo con outras Administracións"
Logo de varias semanas de
encontros e negociacións, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
alcanzou estes días un acordo coa Deputación provincial da Coruña polo que se garante tanto os postos de
traballo como a maioría dos servizos que viña prestando ata o de agora.
Así, a Deputación destinará
140 000 euros para o mantemento da totalidade dos servizos sociais básicos e a
case totalidade dos especializados. Unha cuantía que ademais posibilitará
manter a lo menos durante o ano vixente o mesmo número de traballadores que no
exercicio anterior, cun cuadro de vinte persoas empregadas entre o persoal
administrativo e os técnicos especializados.
Traballadores da Mancomunidade
Actualmente, nas dependencias da
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, ubicadas nos baixos da Alameda
de Ordes, xestionanse o servizo integral de seis traballadoras sociais, un auxiliar
administrativo, dúas educadoras familiares, dous técnicos en atención temperá, un axente de emprego, unha orientadora laboral, un técnico de cooperativismo, unha encargada do servizo de limpeza, un secretario e un interventor. Tamén unha psicóloga, unha avogada e unha directora que constitúen o Centro de Información á
Muller.
Manuel Regos. |
As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
“É un éxito en conxunto por parte de todos os alcaldes desta Mancomunidade e dunha política baseada na negociación e no diálogo con outras Administracións, na que a prioridade son sempre os veciños e veciñas desta comarca”
“Será preciso reubicar a dúas persoas noutros programadas distintos dos que viñan realizando ata o de agora”
“Era unha prioridade para os sete alcaldes poder manter o maior número de traballadores, tanto para ofrecer uns servicios completos e de calidade, como para non deixar sen ingresos a ningún profesional nestes tempos de recesión”
*