É gratuito e impartirase o nivel Celga 4 en setenta horas lectivas
O Concello de
Ordes acollerá en próximas datas un novo curso de lengua galega. Concretamente
impartirase o nivel Celga 4 de man da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, cun total de setenta horas lectivas.
Así o ven de facer
público o Concello de Ordes ante a demanda presentada por parte de numerosos
veciños e veciñas. Para poder asistir ás clases é preciso presentar unha fotocopia do DNI na Casa do Concello. A asistencia ás clases
preparatorias será totalmente de balde.
*