O proxecto
inclúe a instalación de 40 novas farolas que suporán un aforro enerxético e de
gasto dun 25%
O Concello de
Ordes está a levar a cabo nestes días a instalación do novo sistema de
iluminación en diversas rúas do casco urbano. Concretamente trátase das rúas Lagartos, Galicia e Nova, onde o departamento de Urbanismo
está a realizar un investimento que supera os 119.000 euros.
Corenta novas farolas
En total son corenta os novos puntos que a empresa Rofaya está a colocar e
que estarán en pleno funcionamento ao longo das vindeiras semanas.
As novas
farolas únicamente proxectan luz nunha única dirección, é decir cara abaixo,
eliminando así a contaminación lumínica.
Outra diferencia coas anteriores é que estas instalaranse nunha das
beirarrúas, xa que dada a altura do mástil proxecta luz a ambos lados dos
tramos, polo que o número de farolas vese reducido considerablemente con esta
nova medida.
A frase de Roberto González, concelleiro de Urbanismo de Ordes
“As novas farolas que se están a colocar suporán tanto un aforro enerxético como unha reducción no recibo da luz de preto dun 25% aproximadamente”
*