Os irmáns David e Luis Pena Botana, veciños de Trasmonte, hoxe ás portas do IES Nº 1 de Ordes. |
"Este recoñecemento, “que nos anima a seguir estudiando e invertindo na nosa formación”, aseguran
O premio foi entregado hai escasos días en Madrid
O Concello de
Ordes felicitou aos irmáns David e Luis Pena Botana tras acadar o primeiro premio nacional
na X edición do concurso nacional Jóvenes Técnicos en Automoción. Estes dous alumnos do
2º curso do grao medio de automoción do IES Nº1 de Ordes acadaron recentemente
este recoñecemento, “que nos anima a seguir estudiando e invertindo na nosa
formación”, aseguran.
Organizados pola Fundación Compromiso con la Formación Profesional
(Comforp) estes premios recoñecen aos mellores alumnos de todo o territorio
nacional dentro das ramas de tecnoloxía, carrocería, pintura, e vehículos industriais.
As tres fases das que constou este concurso
foron superadas cun éxito por parte destes dous irmáns de Trasmonte. Na
primeira delas respostaron rápida e correctamente a todo o cuestionario que se
lles enviou a través da internet.
Na
segunda proba desprazaronse ata os talleres Louzao de Santiago de Compostela para demostrar a
súa destreza no alineado de direccións.
Xa por último realizaron unha analítica
de gases perfecta, exhaustiva e completa que convenceu ao xurado de que eles
eran os merecedores do galardón. A puntuación que obtiveron foi de 81,83
puntos sobre 100.
Por detrás deles situouse o IES valenciano O Cabañal con
78,83 puntos, mentres que o terceiro posto con 77,5 puntos foi para o IES Diego
Marín de Aguilera, de Burgos.
No acto de entrega de galardóns, que se celebrou
hai escasos días no recinto do IFEMA en Madrid, os irmáns Pena Botana
agradeceron públicamente “o esforzo e apoio por parte de todo o departamento de
automoción na súa formación” do centro académico ubicado en Ordes.
Actualmente o IES Nº1 de Ordes imparte os cursos
de grao medio de Formación Profesional tanto de automoción como de traballo
administrativo. A demanda para
cursar estudos nestas áreas é moi elevado, chegando a completarse prácticamente
a totalidade dos cursos.
Dende o centro demandan que se impartan tamén
os restantes cursos de ciclo superior ou ben que se complete coa instauración
do ciclo medio de carrocería.
*