Xesús Pedreira propón reducir as partidas dos
orzamentos dedicados “a festas e eventos que poden sobrevivir igualmente
atenuando o seu custo”
A Agrupación Socialista de Ordes instou o pasado mércores ao
Concello de Ordes a manter o servizo do Grumir no municipio, diante da súa
supresión confirmada no novo mapa de emerxencias consensuado entre a Xunta e a Fegamp.
O secretario xeral do PSdG-PSOE de Ordes, Xesús Pedreira, recórdalle ao alcalde ordense que na pasada lexislatura se comprometera publicamente a poñer en marcha un servizo de emerxencias que atendese as necesidades dos veciños no caso de que desaparecese o Grumir, cousa que vén de suceder.
Un compromiso que foi ratificado no pleno municipal de 31 de xaneiro de 2008 a través dunha moción presentada polo daquela grupo de Goberno, que estaba presidido polo propio Manuel Regos e do que formaba parte o Partido dos Socialistas de Galicia.
Por iso, os socialistas instan ao alcalde de Ordes a cumprir a súa palabra.
Xesús Pedreira. |
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral do PSdG-PSOE de Ordes
"Dende o PArtido Socialista xa lle pediu ao alcalde
Manuel Regos que habilite unha partida económica “para poder ter unha brigada
mínima de Grumir a cambio de reducir partidas nos orzamentos dedicados a festas
e eventos que vén poden sobrevivir igualmente atenuando o seu custo”
"O Grumir a través de
persoal competente e eficaz, presta uns labores moi específicos e necesarios
para os veciños e veciñas de Ordes, que en ningún caso asumen os bombeiros"
"Trátase de servizos tan necesarios como a retirada de árbores caídas nas
estradas municipais, colaboración na seguridade de eventos organizados polo
Concello, intervencións en situacións motivadas por temporais, derrubamentos,
etc."
*