Unha unidade
móbil da Policía Nacional realizará esta labor os días 27 e 28 de febreiro e 1,
4 e 5 de marzo
Durante os días 27 e 28 de febreiro e 1, 4 e 5 de
marzo os veciños e veciñas de Ordes poderán renovar ou solicitar o seu DNI sen
ter que desprazarse do municipio.
Unha unidade móbil da Policía Nacional levará
a cabo esta labor na Casa da Cultura, situada no número 25 da rúa Galicia. O
horario de atención ao público irá dende as 09:00 ata as 12:00 horas.
Para
facer uso deste servizo é imprescindible reservar cita previamente nas oficinas
xerais do Concello, ou ben chamando ao teléfono 981 680002 de 08:00 a 15:00 horas.
*