Momento da celebración do pleno da Corporación municipal de Ordes, onte nos baixos da Alameda. |
Aprobouse a nova ordenanza de ocupación de terreos de uso público
Pedirán o mantemento do servizo de prevención das drogodependencias e unha senda peonil no Mesón do Vento
O pleno do
Concello de Ordes aprobou onte de xeito unánime a nova ordenanza que regula a
ocupación de terreos de uso público local. Unha regulación que estipula que as
terrazas dos locais de hostalaría non poderán superar 1,80 metros de ancho.
Na ordenanza tamén se estipulan unha cuantías mensuais de 1,25; 1 e 0,85 euros
para as terrazas de 1ª, 2ª e 3ª categoría durante as temporada de baixa mentres
que durante os meses estivais serán de 3,50; 2,65 e 2 euros: Estes prezos
veranse incrementados no mes de agosto ata os 4,50; 3,40 e 2,50 euros.
No caso
de celebracións especiais ou eventos de especial relevancia aplicarase un cargo
de 0,50; 0,40 e 0,25 euros diarios por cada metro de ocupación.
Según
manifestou o Goberno local “trátanse dunhas cuantías, incluindo as sancións
para aqueles que incumpran a normativa, acordes cos tempos de recesión. Deste
xeito todos os empresarios poidan aboalas sen un sobreesforzo que poña en
perigo a continuidade dos seus negocios”.
Xa no apartado
de mocións o PSOE presentou unha proposta na que se lle insta á Xunta a
continuidade a manter en funcionamento o servizo de prevención á
drogodependencia da Mancomunidade. Unha iniciativa aprobada por todos os grupos
políticos “e que na comarca ven atendendo aarredor de 2.300 usuarios”, según
manifestou a tenente alcalde Silvia Marín.
Neste punto o PP resaltou a labor e
a importancia que ten a educación neste campo, destacando o traballo que educadores, psicólogos, etc
veñen realizando nos centros escolares, así como o tratamento delo na
asignatura de Educación para a cidadanía.
Pensións
A segunda moción dos socialistas insta ao Goberno Central a revalorizar as
cuantías das pensións en base ao IPC e revocar o acordo polo que se adoptou
dita medida. Tamén se lle solicita á Xunta de Galicia “a defender o dereito dos
pensionistas galegos frente as decisións que adopta o Goberno Central”.
O
voceiro dos socialistas, Xesús Pedreira, cifrou en arredor de 464 euros de media por persoa o
poder adquisitivo que se perderá en Ordes”. O BNG engadiu que “foi grazas a
gobernos populares anteriores que a xente de Galicia cobra as pensións máis
baixas do Estado, e que aspectos como o medicamentazo tamén é aplicar recortes
a un dos sectores máis sensibles da sociedad”.
Pedreira lamenta que “o Partido Popular de Ordes
votase en contra dunha iniciativa que pretende que os pensionistas ordenses non
perdan unha media de 464 euros o próximo ano. Que o PP de Ordes non sexa quen
de poñerse do lado dos veciños é máis que lamentable”.
Por parte do equipo de Goberno
local destacouse que esta decisión afecta a máis xente da que poida parecer nun
principio xa que “desgraciadamente hoxe en día moitas familias viven das
pensións dos seus maiores”.
Neste punto a defensa do PP centrouse en que “foi o
PSOE o que non subiu as pensións durante o tempo que gobernou e que é a
situación do país a que non permite ese incremento co obxetivo de que se poidan
manter as pensións”.
O voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo, engadiu tamén que
“no ano 2013 máis do 74% verán incrementadas as súas pagas nun 2% e o restante
o verá nun 1%, ademais do pagamento por parte de Núñez Feijoo de todo o complemento
previsto para as pensións non contributivas”. Finalmente ante os cinco votos en
contra dos populares a moción aprobouse cos dez votos a favor de UXO, PSOE, BNG
e CideGa.
Senda peonil
A
unanimidade volveuse a acadar na solicitude de crear unha senda peonil no lugar
da Brea, na zona de Mesón do Vento. Unha zona na que o tráfico propiciado polo
central térmica de Sogama. Meirama e o polígono de Acebedo.
A cuantía desta
intervención, incluindo a canalización de servizos, ascende a máis de 175.000
euros según a memoria aportada onte polos socialistas na defensa deste punto,
polo que se insta á Deputación da Coruña a execución desta obra.
Servizos sociais
Pola
súa banda o BNG tamén veu aprobada a moción na que, unha vez máis, se reclamaba
o mantemento do servizo de drogodependencias. No seu escrito tamén se lle insta
á Xunta a dotación dun maior número de recursos para o mantemento dos servizos
sociais da Mancomunidade.
Gonzalo Castro criticou
duramente que “o PP suprima servizos destinados a atender a quen xa non alcanza a
pagar o recibo da luz, a auga, a quen perdeu a prestación por desemprego e
necesita axuda para alimentos, roupa e outros, mentres os seus dirixentes viven a
corpo de rei con sobresoldos de dubidosa procedencia”.
Neste sentido os socialistas tildaron de “moi
peligrosos” o recorte do 40% que se vai a aplicar nesta materia, mentres que o
goberno local abogou “por unha reorganización que permita rentabilizar ao
máximo o traballo dos servizos sociais básicos e os específicos”, manifestou o
alcalde Manuel Regos que descartou que este plantexamento se traduza no
despedimento de traballadores.
O PP xustificou a abstención nesta votación
argumentando que xa votaran a favor do mantemento do servizo de
drogodependencias anteriormente, e en que “non se especifican os recursos aos
que se refire o BNG”. Os votos a favor das restantes formacións políticas
fixeron prosperar esta proposta.
Cuartel da Garda Civil
Posteriormente rexeitouxe a urxencia para debatit as mocións sobre o
cuartel da Garda Civil e sobre o antigo consistorio ordense que presentaros os
nacionalistas. Respecto deste último, Castro salientou que “hai que buscarlle unha solución a este
problema, xa que, por desgraza, o edificio da Casa Consistorial de Ordes xa
pasou á historia pola incompetencia do alcalde, xa que no seu estado actual
nada se pode facer para recuperalo”
Marín explicou que a retirada dos andamios instalados
por mor das obras do antigo Concello “non se debe a ningunha débeda, senón que
se trata dunha solicitude que a empresa constructora lle realizou á empresa
encargada destes andamios”. Unha demanda que se fixo a través dun burofax que a
mesma edil amosou in situ aos membros da oposición que llo solicitaron.
Tampouco os populares tiveron ocasión de debatir a súa moción na que se
instaba a condenar o terrorismo e expresar o seu apoio ás forzas de seguridade
do Estado.
Rogos
No
apartado de rogos o Goberno local tomou en consideración a solicitude dos
socialistas de instalar unha baranda de protección nas inmediacións da piscina
do Campo da Feira e a de controlar o tránsito de camións de Sogama polo centro
da vila.
Tamén lle informou de que as obras para mellorar a reordenación do
sistema de iluminación xa están en marcha, así como que o corte do sistema
eléctrico na gardería a semana pasada debiuse a unha avería que xa se subsanou.
A preguntas do PSOE, a concelleira de Educación
xustificou o corte de subministro eléctrico producido na gardería municipal
como un problema técnico cun xerador e asegurou que só durou unha tarde.
Tamén
se tomou en consideración a solicitude do BNG de instalar un paso de peóns no lugar da Gorita, na parroquia de Buscás, e
o estudo de cederlle un local de titularidade municipal ó Ligal no centro da
vila.
*