Estado actual da zona do Ceidón, logo da intervención do departamento de Urbanismo do Concello de Ordes. |
Estado da zona do Ceidón en xaneiro do 2011. |
Instalouse un novo sistema de sumidoiros, novas beirrarúas e regos asfálticos
Nun futuro inmediato colocaránse as farolas
O departamento de Urbanismo do Concello de Ordes
ven de dar prácticamente por rematadas as obras de pavimentación, saneamento e
abastecemento que nas últimas semanas se estiveron a realizar na zona do
Ceidón. Unha intervención que se ven desenvolvendo ao abeiro do Plan DTC–94 da
Deputación da Coruña cun investimento que supera os 190.000 euros, IVE incluido.
As intervencións foron respecto da instalación dun novo sistema de sumidoiros que presenta
unha doble canalización para as augas residuais e pluviais.
Asemade procedeuse
á construcción de novas beirarrúas a ambos lados da estrada que atravesa este
pequeno núcleo poboacional, así como da colocación dunha nova superficie de aglomerado
e de regos asfálticos en distintas zonas do vial.
Proximamente ubicaranse os sistemas de iluminacíón na zona. |
Iluminación
De cara á implantación nun
futuro dun novo sistema de iluminación, que permitirá reducir a contaminación
lumínica e aforrar recursos, xa se deixaron colocados os tubos que permitirán
levar a cabo esta instalación de maneira rápida e máis económica para as arcas
municipais.
Tamén se procedeu coa preparación de toda a infraestructura precisa
para a instalación do cableado de R. Todo elo rexido polo convenio asinado coa
empresa de telecomunicacións que a cambio encargouse da colocación de tubos,
tapas e arquetas.
*