A reunión plenaria ordinaria do mes de febreiro terá lugar nos baixos da Alameda a partir das 20:00 horas
O Concello de Ordes celebrará este xoves a
partir das 20:00 horas a sesión plenaria ordinaria da súa Corporación municipal
correspondente ao mes de febreiro.
A cita terá como puntos principais da orde do día a
modificación do terreo onde se ubica a praza de abastos, cuxa categoría pasará
a ser de equipamento de abastecemento e suministración co uso complementario técnico
administrativo.
Trátase dunha medida imprescindible para poder levar a cabo a moción
presentada no pleno de novembro polo grupo municipal socialista, na que se demandaba
a creación dun centro municipal de emprendemento na segunda pranta do inmoble.
*