Máis de trescentas persoas disfrutaron das máscaras á espera do tradicional desfile e concurso de disfraces deste sábado
Obradoiros de maquillaxe, globoflexia, pintura e
máscaras, xogos en equipo, baile e animacións, música, festa e sobre todo moita
diversión.
Tarde de entroidada
Isto e moito máis é o que o Concello de Ordes lle ofreceu ós nenos e
nenas do municipio na Tarde de entroidada que se celebrou hoxe no polideportivo
Campomaior por causa do mal tempo. Unha cita que congregou a
máis de trescentas persoas.
A festa continuará este sábado co tradicional
desfile e concurso de disfraces que dará comenzo ás 17:00 horas.
*