O alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, presidirá este mércores no salón
de plenos do Concello de Ordes o acto de entrega de certificados
do módulo formativo ‘Apoio domiciliario e alimentación familiar’.
No acto, que terá lugar ás 11:00 horas, tamén participarán Miguel Fernández Blanco, presidente da
Asociación Plataforma polo Emprego, e María Amparo González Mendez, directora xeral de Familia e Inclusión da
Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Quince mulleres
Serán quince as mulleres ás que se
lle fará entrega deste título, integrado no curso ‘Atención sociosanitaria a
persoas dependentes no domicilio’. En total foron máis de cen horas de
formación teórica e práctica que se desenvolveron durante os meses de outubro e
novembro do ano 2012.
Unha iniciativa na que a Mancomunidade de Ordes, a través
do Centro de Información á Muller, así como o Concello de Ordes participaron na
organización desta iniciativa co II Plan de Inclusión de Galicia e a Asociación
Plataforma polo Emprego.
*