Se celebrará unha gran gala o 31 de maio na discoteca LP 45
O Concello de
Ordes ven de abrir a convocatoria para participar nun novo concurso musical que
pretende dar a coñecer os novos talentos
da zona. 'Operación Ordes' vai dirixido a aqueles rapaces e rapazas que cursan os
seus estudos nalgún centro de esino dentro da circunscrición do IES Nº 1 de
Ordes.
Concretemente para os que van dende 6º de primaria ata 2º de
bacharelato, así como os matriculados en ciclos formativos, ESA ou PCP.
A convocatoria está aberta tanto para
solistas como para grupos, os cales deberán ter como mínimo un integrante matriculado
nalgún destes centros. Admitiranse
temas orixinais ou adaptacións que poderán ser interpretadas en directo ou ben
pregrabalas.
Eso sí, o equipo de normalización lingüística do IES Nº1 de Ordes
promotor desta iniciativa, require que o tema sexa interpretado en lingua
galega.
Os interesados en participara deben cumplimentar ata o 21 de marzo como
data límite unha folla de inscrición que poderán conseguir no seu centro de
ensino ou ben a través do enlace www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1ordes.
Clasificatorias
A
primeira rolda de clasificacións desenvolverase no IES Nº 1 o 8 de abril, sendo a rolda final o 16 de maio no auditorio
da Casa da Cultura de Ordes. Xa por último a discoteca LP 45 albergará o 31 de
maio unha gran gala con participantes do concurso ademais doutros grupos e
actuacións.
Para
facer realidade esta idea o equipo de normalización lingüística do IES Nº 1
conta co apoio do IES Maruxa Mallo, a Asociación de Comerciantes de Ordes
(ACORDES) e o Concello de Ordes.
*