O resultado final de gastos é ingresos sitúase por riba do 101 %
Regos: "Trátanse duns resultados favorecedores para todos, e que veñen a indicar que dende o Concello estanse a facer ben as cousas"
O Goberno municipal de Ordes ven de mostrar a súa satisfacción polos resultados acadados nas contas do
plan de axuste ao que se acolleu tras a aprobación no pleno da Corporación municipal do mes de marzo do 2012. Un informe anual que dende o Departamento de Intervencións se lle
remitiu recentemente ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
No caso de Ordes o tamén coñecido como plan
de pagamento a proveedores acadou para Ordes un crédito de 2,7 millóns de euros
cuxo plazo de vencemento expira no 2022. Dende o consistorio confían plenamente
en que se den por cumpridas as obrigacións estipuladas no real decreto 4/2012,
de 24 de febreiro, tanto en materia informativa como nos mecanismo de
financiación.
Con data 31 de decembro de 2012 danse por
cumpridas tanto as partidas de ingresos como as de gastos do Concello de Ordes. Rexistrouse un
superávit do 0,71% no caso do total dos gastos correntes, mentres que no total
capital tamén se produciron uns resultados a favor dun 2,28%.
Así, o
resultado final de ingresos é superior ao previsto, situándose por riba do 101%.
Igualmente no caso dos gastos as diferencias rexistradas son a favor das contas
municipais.
No ámbito dos gastos correntes executouse menos do 97%, mentres que
no total capital, as cantidades son aínda menores ao non chegar ao 95%,
producíndose un aforro en ámbolos dous casos. Deste xeito o total xeral ascende
a pouco máis do 96% do estipulado.
Manuel Regos, alcalde de Ordes. |
“Trátanse duns resultados favorecedores para todo o pobo de Ordes, que veñen a
indicar que dende o Concello estanse a facer ben as cousas, con
responsabilidade, precisión e sabendo conxugar a posta en marcha de políticas sociais
coas obrigas e compromisos adquiridos”
"Agradezo moito non só a labor do equipo de Goberno para acadar estes resultados,
senón tamén e dun xeito especial aos técnicos e persoal administrativo
municipal polo esforzo demostrado nesta labor”.
*