A partir das 16:30 horas haberá obradoiros de maquillaxe, globos e máscaras
O Concello de Ordes celebrará na tarde de mañá o primeiro dos actos previstos no seu programa de Entroido. A Tarde
de entroidada terá como protagonistas principais aos máis novos. Debido ao previsible mal tempo, o Departamento de Cultura e
Deporte ven de anunciar que todas as actividades terán lugar no polideportivo
Campomaior a partir das 16:30 horas.
Alí terán lugar numerosos obradoiros de
maquillaxe, chapas, globoflexia e máscaras. Ata as 19.30 celebrarase unha gran
festa con animacións, xogos colectivos e moitas máis sorpresas.
Sábado de piñata
Xa de cara ó sábado 16 de febreiro terá lugar o popular Sábado de
piñata, onde haberá un gran desfile polas rúas máis céntricas da vila a partir
das 17:00 horas. Unha cita que cada ano congrega no municipio a centenares de
participantes individuais, comparsas e carrozas chegados de distintos puntos da
xeografía galega, os cales competirán por acadar o mellor dos premios.
Os
interesados en participar poderán inscribirse gratuitamente ata o 13 de
febreiro no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, ou ben chamando aos teléfonos
981680002 e 981680157.
*