A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá mañá unha tarde de contacontos
A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá mañá venres 16 de decembro a primeira das actividades enmarcadas dentro da programación de Nadal e dirixida aos máis pequenos. Tratarase dunha sesión de contacontos na que os nenos e nenas participantes disfrutarán dunha narración sobre a época do Nadal.
O título do conto é o Duende Frami y los cuentos navideños. A partir das 17:00 horas poderán participar nesta actividade os nenos e nenas de 3 a 5 anos, e ás 18:00 horas os rapaces e rapazas de 6 a 8 anos.
*