viernes, 16 de diciembre de 2011

Ante todo, a seguridade persoal


Ordes acolleu esta mañá unha charla sobre precaucións ante roubos, accidentes ou situacións de risco


A sala de conferencias do Punto de Encontro de Ordes acolleu esta mañá unha charla dirixida á terceira idade do municipio. A charla versou sobre as precaucións que deben ter en conta os nosos maiores ante posibles riscos, como roubos, timos, accidentes e demais, co fin de que teñan tino ante estas situacións.

Os encargados de impartir a charla, que estivo organizada polo departamento de terceira idade do Concello, foron membros da Garda Civil da Coruña que insistiron aos maiores sobre as precaucións a ter en conta en determinados casos como incendios, a circulación como peóns, roubos no domicilio ou pola rúa e demais situacións perigosas nas que os maiores teñen menos capacidade de reacción.

*