Contacontos, maxia, títeres, obradoiros, visitas dos paxes reais e a tradicional Cabalgata de Reis
O Concello de Ordes ten preparado para as vindeiras semanas un amplo programa de actividades con motivo da celebración das festas navideñas. Unhas actividades que inclúen contacontos, actuacións de maxia, títeres, obradoiros e as tradicionais visitas dos paxes reais e a Cabalgata de Reis.
Así, os actos darán comenzo o vindeiro venres 16 de decembro con dúas sesións de contacontos na biblioteca municipal, unha ás 17:00 horas para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e outra ás 18:00 horas para os de 6 a 8 anos. En canto ao resto de actividades e entre as máis esperadas están tamén as visitas dos paxes reais tanto ás escolas unitarias, visita que terá lugar o 19 de decembro, como á Escola Infantil “Sorrisos” o 20 de decembro.
O día 21 de decembro celebrarase un espectáculo de maxia no auditorio da Casa da Cultura ás 19:30 horas, e o día 22 serán protagonistas os títeres co “Tolo conto de Nadal” tamén no auditorio da Casa da Cultura ás 19:30 horas.
Por outra banda e dirixido tamén aos máis pequenos celebraranse dous obradoiros con material de refugallo. Un terá lugar o 26 de decembro de 16:30 a 18:00 horas para os nenos e nenas de 4 a 7 anos e de 18:00 a 19:30 horas para os rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. Neste obradoiro realizaranse obxectos de decoración navideña.
Ao día seguinte, 27 de decembro, celebrarase o segundo dos obradoiros, neste caso de creación de xoguetes con material de refugallo nos mesmos horarios distribuídos por idades.
Prazas limitadas
Ambos obradoiros terán prazas limitadas polo que para poder participar os interesados deberán facer as inscricións no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello situado no primeiro andar da Casa Consistorial.
Por último, o programa de actividades para este Nadal 2011 terá o seu broche final coa celebración da tradicional cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, que a partir das 17:00 horas percorrerá as principais rúas do municipio con reparto de caramelos aptos para celíacos e diabéticos.
*