lunes, 5 de diciembre de 2011

Arranxado o acceso a Buscás dende a AC-524

Estado anterior (esquerda) e actual (dereita) da pista de acceso á parroquia de Buscás pola AC-524.
Gonzalo Castro amosa a súa satisfacción pola execución da moción do BNG

Os nacionalistas piden á Xunta de Galicia e ao goberno municipal que cesen na súa actitude "irresponsábel" coa Ronda Leste

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, amosou hoxe a súa satisfacción porque se executase a moción do BNG, aprobada polo último Pleno de novembro, na que se demandaba ao goberno municipal arreglase de inmediato o deplorable estado do acceso á parroquia de Buscás desde a AC-524, que se atopaba cheo de fochancas que case non permitían a circulación de vehículos.

Castro salientou que “afortunadamente, esta actuación remata coa situación inaceptábel que estaban a vivir os os veciños e veciñas de Buscás, que se vian case imposibilitados a circular polo principal acceso a unha parroquia que conta con máis de 500 habitantes”.

Gonzalo Castro.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Uns polos outros e a casa sen barrer, mais o que resulta inadmisíbel é que quenes pagan as consecuencias desta actitude irresponsábel do alcalde e do goberno do PP na Xunta sexan os  veciños e veciñas de Ordes, que ven paralizada unha obra de moita importancia para o desenvolvemento do seu concello”

"Emprazo ao alcalde de Ordes e ao goberno do PP na Xunta a cesar na súa actitude irresponsable e partidista ao manter paralizada a execución da Rolda Leste, cun contencioso entre ambos que xa resulta esperpéntico, e finalicen coa maior celeridade a execución desta importante infraestructura

*